Compostela acolle a partir de mañá e até o día 18 o ‘II Encontro Internacional de Capoeira Angola’, un espazo de intercambio cultural ao que asistirán mestres desta danza ancestral como Cobra Mansa, Carlão, Dirceu ou Boca do Río. O programa complétase coa proxección de documentais e a organización de debates.
Este encontro, que se celebra no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, está organizado pola Asociación Deportiva e Cultural Capoeira Angola Zimba de Compostela e polo Grupo Zimba de Salvador de Bahía, e colaboran na sua organización o Centro Sociocultural Saramago de Vite, Don Bosco, a Gentalha do Pichel e Trópico de Grelos.
Do 16 ao 18 de abril, un centenar de asistentes traballarán con movemento e musicalidade dentro de aulas prácticas e teóricas. O programa complétase coa proxección documentais e a organización de debates sobre temas como os fundamentos da Capoeira Angola e a súa ancestralidade.
Xerar un espazo de produción de sentidos en relación a diversos temas, promovendo a participación activa de todos os asistentes, xa sexan nenos, adolescentes ou adultos é o celme desta actividade. É un espazo que propón a reflexión e o intercambio cultural de pensamentos e sentimentos vinculados co seu presente e articulados co pasado e o futuro. A Capoeira Angola é unha arte e unha filosofía de vida, e tamén un grande movemento de tradición. O Mestre Boca do Rio será o embaixador do evento, co obxectivo de divulgar a súa importancia e tradición entre as novas xeracións e culturas que a practican. O Mestre Boca do Rio, fundador do Grupo de Capoeira Angola Zimba en Salvador de Bahia, reside actualmente en Compostela á que acudiu co obxectivo de divulgar esta arte, motivo polo que fundou recentemente en Compostela a Asociación Deportiva e Cultural Capoeira Angola Zimba.
MARÉ HOXE